CORREOS
A SALASAL presenta nova colección a partir do vindeiro sábado día 30 de abril de 2016 coa presentación da exposición “CORREOS”, traballo inédito dun dos fotógrafo galegos con maior recoñecemento internacional: Vari Caramés. Neste proxecto creado arredor do edificio de Correos da Coruña, construción racionalista que se encontra entre as máis singulares da cidade, o autor traza un percorrido poético de volta á orixe, un mundo de suxestión, delirio e misterio. Sempre fundamentado sobre a raíz, a esencia, ou a conformación individual a través do colectivo, Caramés presenta nesta nova colección de imaxes un diario íntimo que comparte en catorce pezas. Unha bitácora emocional desde que a proclama o axioma: “somos o que fotografamos” transformando o cotián nunha paisaxe onírica e captivante. As copias de Vari Caramés, asinadas e numeradas 1/50, e en exhibición até o día 15 de xuño de 2016, poderán adquirirse ao prezo de 50€ até terminar existencias. Info e reservas: info@salasal.net.