EDICIÓNS

SALA SAL é o nome da primeira galería de arte da cidade da Coruña especializada exclusivamente no campo da fotografia.

A idea xorde da intención de crear un novo recinto expositivo diferenciado da vella galería desde o que promover a intervención no propio espazo e alimentar a creación dunha mostra específica e inédita concebida ex profeso para a SALA SAL, próxima ao público e fomentando o acceso popular ao mercado artístico.

De cada exposición haberá unha copia impresa en papel Fine Art de edición limitada e numerada que se porá á venda ao prezo simbólico e popular de 50€, cantidade que terá por obxectivo o financiamento da impresión e da montaxe, e a través do cal os compradores figurarán como mecenas da SALA SAL converténdose así en parte activa e fundamental deste proxecto.

As copias das edicións conformarán unha antoloxía de autores denominada “COLECCIÓN SAL” na que as persoas compradoras de edicións anteriores terán preferência á hora de reservar sendo, ademáis, avisadas con antelación á montaxe.

Para adquirir calquer delas ou convertirte en membro da lista SAL podes contactar coa SALASAL en info@salasal.net

Nova concepción e popularización do mercado da arte, aproximación da fotografía á cidadanía, conxunción de artistas consagrados e emerxentes, adaptación da obra ao espazo, autoxestión e autofinanciamento, todo isto e moito máis é xa a SALA SAL.

  • Paseo de  Luis Botana

2paseo

  • Impresión Gliceé de tintas pigmentadas sobre papel Permajet Portrait White 295
  • Tamaño 20×30 cm
  • Serie 20 copias
  • Prospekt 182 de S. Maestra

182

  • Impresión Gliceé de tintas pigmentadas sobre papel Permajet Portrait White 295
  • Tamaño 27×27 cm
  • Serie 20 copias
  • Correos #1 de Vari Caramés

MarcianoFin

  • Impresión Gliceé de tintas pigmentadas sobre papel Platine Fibre Rag 310
  • Tamaño 20×30 cm
  • Serie 50 copias
  • Correos #2 de Vari Caramés
    Elefanteweb

 

 

 

 

 

  • Impresión Gliceé de tintas pigmentadas sobre papel Platine Fibre Rag 310
  • Tamaño 20×30 cm
  • Serie 50 copias
 
  • BILSTON  de Badia Ribeira
  • Impresión Gliceé de tintas pigmentadas sobre papel Platine Fibre Rag 310
  • Tamaño 24×24 cm
  • Serie 30 copias
  • EstrangeR  de Yorgos Karalías
    45
  • Impresión Gliceé de tintas pigmentadas sobre papel Portrait 310
  • Tamaño 27×20,25 cm
  • Serie 20 copias
  • PACHINKO de Suqui Castro
  • Impresión Gliceé de Tintas pigmentadas sobre papel Portrait 310
  • Tamaño 27×19 cm
  • Serie 20 copias

  • CALLE REAL de Isra Cubillo
  • Impresión Gliceé de tintas pigmentadas sobre papel Portrait 310
  • Tamaño 18x18cm
  • Serie 30 copias

  •